O Deportivo golea á Cultural (3-0) e recupera o paso da cabeza da Liga
Zakaria (2) e Soriano foron os outores dos goles
A mes e medio do inicio, a Cultural adiantou o Nadal en Riazor con dous agasallos nos primeiros vintetrés minutos que encarrilaron a vitoria do Deportivo.
Nunha acción inicialmente inofensiva, Rodri Suárez despístase o facer unha cesión en curto que aproveita Eddachouri para facer o un a cero o cuarto de hora de partido.
O certo é que no primeiro tempo os leoneses foron superiores no xogo, pero concederon en defensa e en ataque. Dez disparos efectuaron os de Ziganda, catro deles a porta, pero non obtiveron ningún resultado.
Polo contrario, o Deportivo rematou dúas veces, e as dúas foron dentro. A segunda logo dun erro en cadea da Cultural, a pelota caelle a Mario Soriano, que non perdona. Terceiro gol da temporada para o centrocampista, segundo nas dúas últimas xornadas. Case sen querelo, o Deportivo víase con dous goles de vantaxe malia os continuos intentos rivais por recurtar a diferencia.
Na segunda metade, os coruñeses adicáronse a administrala renda sen pasar apuros. Yeremay saiu inspirado da caseta e en tres minutos de maxia animou Riazor cun repertorio de caneos, pases e lanzamentos. Un deles cales estrelouse no traveseiro no cincuenta e dous.
E no sesenta e oito minuto sesenta e oito Hidalgo decidiu cambialo xunto con Mella por Stoichkov e Luismi Cruz. E sería precisamente o ex tinerfeño o protagonista do tres a cero cunha asistencia a Eddachouri a un cuarto de hora para o final. Sétimo gol do holandés que iguala co racinguista Jeremy á fronte da táboa de goleadores.
O Deportivo poñía o punto e final a un partido no que gañou a batalla a Cultural.