Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo gaña pero segue sen dar boas sensacións

O Deportivo gaña pero segue sen dar boas sensacións

Derrotou ao repescado Talavera por 3-2 e acabou sufrindo nos últimos vinte minutos

G24.gal 28/09/2022 21:43

O Deportivo sumou tres puntos e cortou a serie de empates, pero segue sen amosar boas sensacións neste comezo de temporada. Enfronte estaba o Talavera, equipo rescatado a última hora, que ía competir na 2.ª RFEF e que sumou tres derrotas desde que a Federacíon autorizou o seu ingreso nunha categoría superior. 

Tívoo todo de cara o conxunto de Borja Jiménez. Aos seis minutos xa gañaba cun gol de Villares. O Dépor sumaba achegamentos á porta contraria e aumentou a vantaxe nunha falta sacada por Rubén Díaz que tocou cara á propia porta un xogador do Talavera. Parecía un encontro cómodo ata que no último minuto da primeira metade Escudero recortou diferenzas. 

A tranquilidade volvía a Riazor co terceiro gol marcado entre Alex Bergantiños e o porteiro visitante, ao que lle tocou nas costas un rexeitamento do pau. Dábanse todos os condicionantes para ver un triunfo local, pero Escudero volveu sorprender cun segundo gol no 65 e a piques estivo de marcar o hat trick no 72. 

Os últimos vinte minutos foron de inquedanza para a parroquia coruñesa, que tremeu polo resultado. Os puntos quedaron na casa, pero as sensacións continúan sen ser boas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade