O Deportivo e o Granada ultiman o intercambio de Bouldini por Stoichkov
Os dous xogadores chegarán en calidade de cedidos
O Deportivo e o Granada acordaron o intercambio de Bouldini e Stoichkov poucos días antes de que remate o prazo para inscribir xogadores. Bouldini non contaba para Antonio Hidalgo, que terá nas súas filas un dianteiro que coñece moi ben e que xa adestrou no Sabadell.
Os dous xogadores foron fichaxes importantes dos dous equipos na temporada 24-25 pero ningún dos dous respondeu ao agardado. Con este cambio de cromos os dous equipos agardan que sirva de impulso para relanzaren as súas carreiras.
Stoichkov (31 anos) coincidiu con Antonio Hidalgo na 20-21, temporada en que marcou 11 goles cun Sabadell que loitaba por permanecer na Segunda División. Despois asinou no Éibar co que realizou tres grandes campionatos converténdose nun dos dianteiros máis letais na categoría de prata (45 goles en tres anos). Iso levouno ao Alavés en Primeira pero non funcionou nin no equipo vitoriano nin despois nun Granada que pagou por el máis de dous millóns de euros.