Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo despide 2025 coa terceira derrota consecutiva na Liga en Andorra (1-0)

O Deportivo despide 2025 coa terceira derrota consecutiva na Liga en Andorra (1-0)

Un gol de Lautaro no minuto 77 abondoulles aos do Principado

O cadro coruñés tivo boas ocasións pero non foi quen de culminar ningunha

G24.gal 20/12/2025 15:59

O Deportivo despídese do ano 2025 con malas sensacións na Liga, despois de encadear tres derrotas consecutivas. O conxunto coruñés saíu a trabar desde o principio, e gozou das primeiras ocasións claras. Primeiro foi Zaka o que avisou, no minuto cinco. E despois, no once, unha mala saída do porteiro local deulle a opción a Luismi, que estrelou o remate no traveseiro. O rexeitamento céulle a Zaka, que non atinou.

O Andorra asomouse pola área de Germán mediado o primeiro tempo, e tivo que intervir o porteiro. E, no minuto 28, Lautaro cabeceaba á rede, pero o árbitro anulaba o tanto por falta do dianteiro no salto. Unha acción moi protestado polos do Principado. Puido desquitarse Lautaro xusto a seguir, pero o seu remate rexeitouno Germán. Co Andorra dominando territorialmente chegouse ao tempo de lecer.

A segunda metade volveu comezar co Deportivo levando a iniciativa, pero as súas ocasións non atoparon o premio do gol. Primeiro rematou fóra Villares un centro desde a esquerda. E, despois, Yeremay rematou alto desde a frontal.

Pero o Andorra non renunciaba a buscar o gol, e dispuxo doutra boa ocasión, con cesión atrás de Lauti co calcaño, e remate alto de Manu Nieto. Foi o preludio do primeiro tanto, nunha boa combinación que culminaba, outra vez, Lauti. Desta volta, o tanto subiu ao marcador.

Quedaban minutos, e o Deportivo buscou a igualada. Puido acadala Loureiro, cunha boa cabezada. Tamén rematou Stoichkov, con menos precisión. Pero non era o día dos coruñeses, que acabaron perdendo o terceiro encontro consecutivo na Liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos