A asemblea que nomeará ao novo Consello do Deportivo será exclusivamente telemática
A asemblea que nomeará ao novo Consello do Deportivo será exclusivamente telemática
O Deportivo abrirá ata o próximo 14 de xullo un período de inscrición para todos os accionistas que o desexen
O Deportivo anunciou que a xunta extraordinaria de accionistas en que abordará a súa refundación celebrarase de forma exclusivamente telemática. A cita será o próximo día 17 de xullo ás once da mañá no estadio de Riazor.
O consello de administración do club, presidido por Antonio Couceiro, dimitiu en bloque na noite do pasado mércores, cando se anunciou que un dos seus integrantes, o director xeral David Villasuso, permanecerá na entidade como apoderado para tomar as decisións en consonancia co propietario, Abanca, que dispón de máis do 76 % das accións da entidade.
Na orde do día da xunta establécese como primeiro punto a estudar a fixación do número de conselleiros e o seu nomeamento. O segundo será de rogos e preguntas, mentres o terceiro versa sobre a delegación de facultades para elevación a público e posterior inscrición dos acordos acordados. Para poder asistir de maneira telemática á xunta, o Deportivo abrirá ata o próximo 14 de xullo un período de inscrición para todos os accionistas que o desexen. O mesmo ocorrerá con aqueles que queiran intervir durante a asemblea, pois se deberán inscribirse previamente tamén antes do 14 de xullo.