Cargando resultados...
O Deportivo busca manter o paso triunfal contra o Castelló (18:30h)
Os de Antonio Hidalgo acumulan sete vitorias consecutivas
G24.gal
06/12/2025 13:18
O Deportivo non quere baixar o ritmo. Leva sete vitorias consecutivas, entre Liga e Copa, e defenderá o liderado este domingo en Riazor ante o Castelló. A acumulación de partidos está a provocar a repartición de minutos entre un cadro de xogadores moi motivado e que responde en cada compromiso ás esixencias de Antonio Hidalgo.
Todos están activados e motivados para o encontro ante un Castelló que ocupa posto de play-off. Desde a chegada de Pablo Hernández ao banco, o equipo castellonenco leva sete triunfos en once partidos. E gañou nas tres últimas xornadas.
Riazor vivirá un choque de altos voos entre dous equipos que están no seu mellor momento.