Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo agarda pola mellor versión de Yeremay

O Deportivo agarda pola mellor versión de Yeremay

Hidalgo: "Temos que axudalo máis, estar preto del"

Foto Deportivo
G24.gal 23/09/2025 15:49 Última actualización 23/09/2025 16:00

Aproveitou a fondo o verán para preparar, mesmo na praia, a nova campaña. Viviu un mercado axitado, no que rexeitou propostas fabulosas. Ten recoñecemento de estrela na casa, e fóra dela.

Yeremay non está plenamente satisfeito. O Deportivo funciona coma un reloxo, pero o canario quere dar máis. Marcou un gol, de penalti, en Leganés. O ferro negoulle a diana dúas veces máis, e no último partido, fronte ao Huesca foi o porteiro o que estragou a súa mellor xogada. O canario non puido evitar o desacougo. Mella viuno e acudiu presto cun bico de consolo.

Hidalgo: "Temos que axudalo máis, estar preto del".

Se cadra por iso non se conforma. Sente a carga da responsabilidade. Guiar o Deportivo a Primeira non é peso lixeiro con vinte e dous anos. Yeremay acanea a cabeza. Todos agardan pola súa mellor versión, pero mentres o colectivo saca as castañas do lume con probada eficacia. Porque se algo deixa claro o comezo de Liga é que este Deportivo ten tantas armas que xa non depende de ningún particular, nin sequera de Yeremay.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade