Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo afoga lonxe de Riazor (2-1)

O Deportivo afoga lonxe de Riazor (2-1)

O cadro coruñés adiántase en Santander pero acaba perdendo por segundo partido consecutivo

Stoichkov e Noubi fallaron boas ocasións no treito final do partido para empatar

G24.gal 19/10/2025 20:20 Última actualización 19/10/2025 20:28

Segunda derrota consecutiva do Deportivo lonxe de Riazor. Contra un rival directo polas posicións de ascenso, o Rácing de Santander, non soubo aguantar a vantaxe que conseguiu aos doce minutos cun autogol de Mantilla. 

Non houbo moitas ocasións no primeiro tempo. Antes do gol Parreño salvou un remate de Canales e xusto despois avisou Andrés Martín para o Rácing. No Deportivo, unha contra de Zakaria púxolle o medo no corpo ao público local. Camiñaba o partido para o descanso coa mínima vantaxe deportivista pero no cuarto minuto do engadido empatou Facu para os locais e cambiou o destino do encontro. 

Fortísimo o inicio do Rácing no segundo tempo que lle permitiu coller vantaxe aos quince minutos cun tanto de Jeremy Arévalo no seu sexto gol da temporada. Jeremy avisara minutos antes cun remate ao poste. Só cos trocos volveu a meterse o Deportivo no partido. Despois doutro aviso de Andrés Martín para os santanderinos apareceu Stoichkov cunha boa xogada individual para rozar o empate. E no 84 Noubi tivo a mellor opción pero o porteiro local realizou unha parada magnífica. Aínda quedaba unha máis nas botas de Stoichkov pero volveu atopar a intervención de Ezkieta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos