Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca chega con vida á última xornada de liga

O Deportivo Abanca chega con vida á última xornada de liga

Gañou no campo do Oviedo Moderno (2-3), pero non consegue entrar nos cinco primeiros postos

Terá que gañar o seu partido e agardar un tropezo do Logroño ou do Barcelona B

G24.gal 22/05/2022 14:07

O Deportivo Abanca cumpriu co seu cometido e gañou nun partido moi disputado ao Oviedo Moderno (2-3). Houbo que traballalo moito, pero con esta vitoria o equipo feminino chegará con opcións para meterse entre as cinco mellores pero sen dependeren de elas para esa última tirada do campionato. 

Hai catro equipos pelexando por dous postos. O Barcelona B (51 puntos) vai por diante co DUX Logroño (50) empatado a puntos co Deportivo Abanca pero coa diferenza de goles particular gañada. O AEM é o cuarto en discordia, con 49 puntos pero precisando dous erros. 

A última xornada o Deportivo Abanca recibe o Atlético B coa necesidade imperiosa de gañar. Só lle valería o empate cunha derrota do Logroño, improbable diante do pechacancelas, e dependendo de que o AEM non gañen o seu partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade