Cargando resultados...
O Deportivo Abanca apaña unha goleada na visita ao Cacereño
G24.gal
02/10/2022 19:10
O Deportivo Abanca caeu con contundencia no campo do Cacereño, nun partido en que aguantou ata o descanso, cando o resultado era unha derrota mínima logo do gol de Manoli Vaquerizo.
Tras o descanso, as coruñesas derrubáronse e apañaron tres goles máis en so uns minutos. Marcaron Angie, por partida dobre, e Tania, que pechaba o 4-0 final. O Deportivo Abanca queda cos sete puntos con que chegaba ao partido, os mesmos que agora suma o Cacereño.