Decepción maiúscula en Riazor
O Deportivo perde na prórroga e queda sen o ascenso a Segunda A
Adiantouse cun gol de Soriano pero o Albacete empatou no 80 e marcou a cinco minutos do final
Minuto a minuto
Xa temos o @RCDeportivo en Riazor
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 11, 2022
🔥 Comeza a quecer o ambiente pic.twitter.com/GtXB3aECmo
Xa temos o equipo do Albacete

A entrada do Deportivo no campo de Riazor
Equipo do Deportivo. Entra Soriano por William

O seleccionador arxentino Lionel Scaloni estará en Riazor
Esto es el Depor, no importa la división , importa el sentimiento , vamos @RCDeportivo pic.twitter.com/AwhpG75DWO
— Lionel Scaloni (@lioscaloni) June 11, 2022
Comeza o partido!!!
Cartón amarelo para Rubén Martínez

Centro ao que non chega Jordi Sánchez. Achégase o Albacete
Acción de Soriano que acaba en córner. O madrileño está moi activo
Outro cartón a Emmanuel. Entrada moi dura a Héctor
.png)
Ocasión de Mario Soriano. Está a xogar un gran partido
1-0 GOOOOOOL de Mario Soriano. Pase en profundidade e picadiña espectacular de Mario. Partidazo do madrileño
Outra máis de Mario Soriano. E un lanzamento de Manu Fuster que para Mackay. Momento de alternativas
Lecer en Riazor. Boa primeira metade do equipo coruñés guiado en ataque por Mario Soriano.
Comeza a segunda metade!!
Avisa o Albacete. Mackay manda a córner ... E resposta o Deportivo cun disparo de Juerguen
O Albacete move o balón e domina. O Deportivo tenta ser sólido en defensa. Mudou a dinámica do partido
Vaise Soriano e entra De Vicente. O Dépor fortalece o centro do campo

Tiro de Rubén Martínez, preto do pau
1-1 Empata Alberto para o Albacete cun remate de cabeza
Final do partido!!! Haberá prórroga
Está ben o Deportivo nesta primeira parte da prórroga. Dominando e forzando varias faltas preto da área do Albacete
Final da primeira parte da prórroga!!
1-2 Gol de Jordi Sánchez cun remate de cabeza. O Albacete sería equipo de 2A
Cabezada de Lapeña rozando o pau. Puido ser a última
Final en Riazor. Traxedia deportivista que queda ás portas do ascenso xogando diante do seu público e por un gol no minuto 114