Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor non encadeaba catro vitorias seguidas desde febreiro do 2020

O Dépor non encadeaba catro vitorias seguidas desde febreiro do 2020

O seguinte compromiso dos galegos é o vindeiro sábado contra o Albacete no Carlos Belmonte, ofrecido pola primeira canle da TVG

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 24/11/2025 16:44 Última actualización 24/11/2025 16:50

O Deportivo, coa vitoria ante o Ceuta (2-1) en Riazor, encadea catro vitorias seguidas na liga Hypermotion, algo que non sucedía desde fai case cinco anos. A última vez que o equipo branquiazul logrou encadear unha serie así foi na tempada 2019-20, dentro da secuencia de sete vitorias seguidas que se prolongou entre o 20 de decembro de 2019 e o 9 de febreiro de 2020.

Aquel exitoso tramo incluíu vitorias fronte a Tenerife, Numancia, Racing, Cádiz, Albacete, As Palmas e Alcorcón. Nas últimas catro semanas, o Dépor pasou de encadear cinco xornadas sen gañar a sumar catro triunfos consecutivos que o asentaron nos postos de ascenso directo a Primeira División.

O seguinte compromiso do equipo dirixido por Antonio Hidalgo é o vindeiro sábado contra o Albacete no Carlos Belmonte, ofrecido pola primeira canle da TVG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade