Publicador de contidos

Publicador de contidos

España comprométese no G-20 a doar 50 millóns de vacinas

España comprométese no G-20 a doar 50 millóns de vacinas

Acordo para avanzar na vacinación no ámbito mundial

Breve encontro entre Pedro Sánchez e Joe Biden

G24.gal 30/10/2021 20:35

 O cumio do G-20 en Roma ten unha axenda intensa, co cambio climático como referente central. A descarbonización é o gran reto para o ano 2050 ou, como máximo, o 2060. Pero outros temas figuran tamén nun primeiro plano, como a recuperación económica e as estratexias solidarias para velar pola saúde global do planeta tras o peor da pandemia.

Despois da xuntanza dos ministros de Sanidade e Finanzas dos países participantes, Nadia Calviño anunciou que España vai responder xenerosamente ao acordo de avanzar na vacinación mundial contra o coronavirus.

 "No primeiro trimestre de 2022 acadaremos a doazón de cincuenta millóns de vacinas. É dicir, que cada español doará máis dunha vacina aos países máis vulnerables. Desde o primeiro momento España insistiu na necesidade dunha resposta solidaria", sinalou a vicepresidenta primeira do Goberno.

Calviño estivo presente na xuntanza que mantivo Pedro Sánchez coas directoras do Fondo Monetario Internacional e da Organización Mundial de Comercio. Neste encontro bilateral, a titular do FMI, Kristalina Georgieva, expresou a súa convicción de que as tensións inflacionistas no primeiro mundo son temporais. Tamén se falou de impulsar o libre comercio desde o multilateralismo, sen deixar atrás os máis vulnerables.

Por certo, Sánchez departiu co presidente estadounidense, Joe Biden, durante menos dun minuto no inicio do cumio. Un xesto de cordialidade polas dúas partes, pero descártase un encontro bilateral entre ambos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos