O cuarto amigable do Celta verémolo este venres na G2
O equipo de Claudio enfróntase ao Gil Vicente portugués (18:00 horas)
O Celta xogará o cuarto amigable da pretemporada ante o Gil Vicente portugués este venres ás 18:00 horas. O partido verémolo pola G2 e Agalega.gal. Será a oportunidade de ollar a Borja Iglesias por primeira vez logo de asinar o contrato co cadro vigués.
O Gil Vicente é o terceiro equipo portugués ao que se enfrontan os de Claudio Giráldez logo dos partidos xogados contra o Benfica (2-2) e o Vizela (4-0), un rival con nome que o ano pasado acabou na duodécima posición da Primeira División de Portugal. Polo medio o partido do martes pasado diante do Sporting de Xixón (2-1), co que o cadro celeste vai collendo a forma antes de iniciar a remesa de partidos en terras francesas e inglesas.
👥 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 | #CeltaGilVicente pic.twitter.com/QEQioqTBVc
— RC Celta (@RCCelta) July 25, 2024