Cargando resultados...
O crime do pozo do Porriño relaciónase con estafas na compravenda de coches
O crime do pozo do Porriño relaciónase con estafas na compravenda de coches
O cadáver encontrouse, xa putrefacto, nun pozo da vila pontevedresa

G24.gal
28/12/2022 17:43
Última actualización 28/12/2022 20:12
A Garda Civil informa de que hai cinco detidos, de nacionalidade española, como sospeitosos no coñecido como crime do pozo.
A vítima era un cidadán portugués desaparecido en 2018. O seu corpo encontrouse nun pozo do Porriño en febreiro do 21.
Dous dos detidos están xa en prisión acusados de homicidio e detención ilegal e outro quedou en liberdade provisional.
O móbil do crime poderían ser as presuntas estafas cometidas pola vítima na compravenda de vehículos.