Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo volve perder na casa e cae ao posto de 'play out' (1-2)

O Coruxo volve perder na casa e cae ao posto de 'play out' (1-2)

Youssef adiantou o conxunto vigués pero Jorge Delgado fixo un dobrete para os cántabros

G24.gal 25/02/2023 19:10

O Coruxo volveu a perder como local, onde está a ter moitos problemas, e baixa a postos de play out. Con só dez puntos no campo do Vao e sete partidos sen gañar a dinámica do equipo é moi perigosa. No último partido perdeu por 1-2 diante do Raio Cantabria, filial do Rácing de Santander.

No primeiro tempo a mellor ocasión para para o equipo visitante nunha dobre oportunidade de Mirapeix e Marco. A segunda metade comezaba do mellor xeito cunha gran xogada de Chiqui culminada por Youssef.

Non puido aguantar a vantaxe o cadro dos irmáns Montes. Un xogador que entrou na segunda parte como Jorge Delgado marcou un dobrete (minutos 65 e 85) e o partido marchou para terras cántabras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade