Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo suma un novo empate sen goles no Vao diante do Palencia Cristo

O Coruxo suma un novo empate sen goles no Vao diante do Palencia Cristo

G24.gal 18/09/2022 19:59

O Coruxo segue invicto, o que lle serve para asentarse na metade alta da táboa neste inicio da temporada. Pero o certo é que os seus dous partidos na casa deixaron pouco fútbol. Contra o Palencia Cristo, os dos irmáns Montes volveron empatar sen goles. E con moi poucas ocasións de gol. Puideron abrir a conta cun par de remates na primeira metade, pero o resultado non se moveu. E a continuación tivo menos accións de perigo. 

Coa igualada, o Coruxo suma cinco puntos. Só acadou un gol na presente temporadas, o de Pitu na xornada anterior en Avilés, pero aínda permanece imbatido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade