Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo reacciona contra o Valladolid Promesas (2-2) e salva o empate

O Coruxo reacciona contra o Valladolid Promesas (2-2) e salva o empate

O filial pucelano remontou o gol de Andriu, pero Pitu igualou no 90'

Jacobo Montes protestou contra a xogada do segundo gol visitante

Foto: realvalladolid.es
G24.gal 12/02/2023 14:49

O Coruxo empatou a dous goles ante o filial do Valladolid, que segue loitando na cabeza da clasificación. Os vigueses foron os encargados de abrir o marcador no minuto 26, logo dun córner desde a esquerda rematado de cabeza por Andriu.

Pero o equipo de Baptista reaccionou axiña. Sete minutos despois, Manu Pozo igualaba aproveitando un envío longo diante de Alberto.

No treito final a vitoria puido caer para calquera dos dous equipos. Pero o Valladolid Promesas foi o que se adiantou a seis minutos do 90, cando Arroyo recibiu en longo logo dun roubo moi protestado por Jacobo Montes por unha posible falta. O dianteiro anotou o 1-2 e, na celebración, resultou mancado na cabeza por un compañeiro.

Pero o Coruxo aínda tiña a última palabra, e Pitu marcou o 2 a 2 definitivo que non lles permite respirar aos vigueses.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade