Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo perde unha boa oportunidade de asentarse no 'playoff'

O Coruxo perde unha boa oportunidade de asentarse no 'playoff'

G24.gal 09/04/2022 18:22

Logo de nove xornadas sen coñecer a derrota, o Coruxo perdeu unha gran oportunidade de asentarse nos postos de fase de ascenso.

Da primeira parte non podemos rescatar máis alá dun achegamento sen demasiado perigo. Foi nos segundos 45 minutos onde se decidiu todo.

No minuto 52' Diego García aproveita esta xogada na área para furar as redes de Alberto e anotar o único tanto do partido. Respostaron os vigueses, dominadores do balón. Tívoa Garci. Pero tamén puido sentenciar o filial do Leganés...

Con case media por diante, esta xogada puido cambiar o partido. Expulsión de Aymane por dobre cartón amarelo. Aí apertou o Coruxo, que nesta acción case atopa o empate, e que tivo a máis clara nas botas de Youssef pero topou co traveseiro. 

O final puideron sentenciar os madrileños pero o marcador non se moveu. O Coruxo baixa á sétima posición en beneficio do seu rival que durmirá hoxe nos postos de privilexio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade