Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo gaña en Burgos (1-2) e foxe da zona de descenso

O Coruxo gaña en Burgos (1-2) e foxe da zona de descenso

Foto: @LaFactoriaBCF
G24.gal 18/03/2023 22:02

O Coruxo de Javier Maté e Xurxo Otero segue nun bo momento logo de pasar pola Cidade Deportiva do Burgos.

O primeiro gol foi de Andriu de penalti, cando ían 9 minutos disputados. O segundo non foi de penalti, pero case. Chiqui, no minuto 34 erra a pena máxima, pero colle o rexeitamento e marca.

O tanto dos burgaleses conseguiuno Pol Basa cunha bonita vaselina no minuto 52. O Coruxo aguantou o marcador para acadar tres valiosos puntos que lle permiten seguir coa escalada iniciada a semana pasada co triunfo contra o Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar