Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo empata en Torrelavega e segue en posto de 'play off' (0-0)

O Coruxo empata en Torrelavega e segue en posto de 'play off' (0-0)

Os do Vao enfrontáronse a un rival directo no Malecón

Non houbo goles, pero os vigueses tiveron as ocasións máis claras para levar a vitoria

Foto: @RSGimnastica
G24.gal 15/01/2023 19:19

O Coruxo sacou un empate sen goles do Malecón que lle permite manter un punto de renda sobre a Ximnástica na clasificación e conservar o posto de promoción de ascenso que ocupa.

O equipo dos irmáns Montes tivo máis presenza ofensiva ca o seu rival na primeira metade. Alí gozou de boas ocasións para abrir o marcador, pero os xogadores vigueses non estiveron atinados. As poucas accións ofensivas da Ximnástica non crearon claro perigo.

Na segunda metade, os dous conxuntos tiveron as súas opcións, pero tampouco se moveu o marcador. O empate acaba cunha serie de tres vitorias consecutivas, pero deixa o Coruxo con 26 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade