Cargando resultados...
O Coruxo aférrase ao seu fortín de Fragoselo
Cuarta vitoria consecutiva como local diante do poderoso Navalcarnero (2-0)
G24.gal
06/02/2022 14:53
Terán que pensar no Coruxo se volven ao Vao ou aguantan en Fragoselo ata o final da temporada. Cuarta vitoria consecutiva como locais diante dun Navalcarnero que chegaba en postos de ascenso (2-0).
Antes do minuto vinte o madrileño Garci marcara o primeiro gol. E nun contragolpe de manual conducido por Chiqui, con centro de Aspas e remate de Youssef o Coruxo lograba o segundo e definitivo gol. Nesa tirapuxa o Coruxo volve a estar fóra de postos de descenso.