Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso dos Deputados arquiva a petición para transferir a Galicia a AP-9

O Congreso dos Deputados arquiva a petición para transferir a Galicia a AP-9

O PSdeG asegura que se debe a unha cuestión técnica pola convocatoria de eleccións

A Xunta responsabiliza o Partido Socialista

G24.gal 21/06/2023 14:21

A petición feita dende o Parlamento galego para que a AP-9 sexa transferida a Galicia queda outra vez en nada. E non é a primeira vez. O adianto das elección fai que se paralice no Congreso a tramitación de proposicións de lei, de propostas lexislativas, de distintas comparecencias.

É un deses tramites é o da transferencia da AP-9. Todo volve ao punto de partida: o Parlamento galego terá que elaborar unha nova proposición de lei para remitila ao Congreso que saia das eleccións do 23 de xullo.

Ata en catro ocasións o Parlamento galego reclamou a transferencia a Galicia da titularidade da AP-9. Dúas veces, a última en febreiro do 21, parlamentarios galegos interviñeron no Congreso para que se abordara a transferencia da autoestrada. Pero a unanimidade que se conseguía en Santiago non era posible en Madrid.

Dende o BNG lamentan a oportunidade perdida e que o apoio que tivo no Parlamento galego non o tivese no Congreso dos Deputados. Pola súa parte, na Xunta de Galicia responsabilizan o PSdeG de que non houbese avances na transferencia da AP-9

A transferencia da AP-9 é unha máis dun total de case cen reclamacións de Galicia que quedan paradas tras a convocatoria electoral e a posterior disolución das Cortes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade