Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela queda eliminado nun dramático final en Tarazona (2-0)

O Compostela queda eliminado nun dramático final en Tarazona (2-0)

Como acontecera na ida no Vero Boquete, recibiu dous goles no treito final

Marcos Mendez, revulsivo dos locais no último cuarto de hora

Foto: @SDTarazona
G24.gal 27/05/2023 22:37

O Compostela quedou eliminado da loita polo ascenso a Segunda RFEF logo dunha eliminatoria dramática, que gañaba por tres goles durante o partido de ida, e que o Tarazona soubo remontar con dous finais en que marcou a pares.

Tras o 3-2 final do Vero Boquete, o equipo santiagués viaxou a Aragón coa eliminatoria a favor, xa que calquera empate o clasificaba. E ese foi o resultado durante 85 minutos. Mesmo dispuxo dalgunha boa ocasión para adiantarse no marcador, por medio de Darío e de Jaime Santos, mentres os locais non eran quen de inquedar a Pato Guillén.

Pero o que cambiou o curso da eliminatoria foi a entrada no campo do goleador local, un Marcos Mendes que comezou o partido no banco de xeito sorprendente. En so cinco minutos foi quen de remontar a eliminatoria. Primeiro cun balón que recolleu na frontal, e que conseguiu rematar para que, despois de rexeitar en Riki Mangana, acabase no fondo da portería santiaguesa. E, no minuto 90, rouboulle un balón a Pablo Antas e resolveu no man a man diante do Pato, que lle acababa de sacar o 2-0 de xeito milagreiro.

Non houbo tempo para máis. O Compostela queda eliminado despois dunha eliminatoria difícil de explicar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar