Cargando resultados...
O Compostela perdoa e acaba perdendo en Luanco (1-0)
G24.gal
06/03/2022 20:50
O Compostela perdeu no campo do Marino de Luanco por 1-0 logo de perdoar varias ocasións claras. A mellor do partido estivo nas botas de Rodri Escudero, que enviou ao exterior da rede con toda a portería libre. O Marino marcou o único tanto do partido no minuto 76 cando o lateral Borja sorprendeu a defensa do Compostela e marcou o gol do triunfo asturiano.