Cargando resultados...
O Compostela perde ante o pechacancelas cun penalti no 92
Jorge Cano fallou dúas ocasións clarísimas no treito final de cada parte
G24.gal
25/09/2022 19:55
O pechacancelas da categoría sacou tallada do Vero Boquete cun triunfo que nin agardaban nin mereceron. Cunha disposición moi defensiva limitáronse a defender a súa porta e atopáronse cun penalti no minuto noventa que non desaproveitou Davo.
Tampouco é que o Compostela estivese demasiado brillante. Levou o peso do partido pero faltoulle claridade de ideas na zona de ataque. Non xerou moitas ocasións pero si tivo dabondo para lograr o triunfo. Sobre todo dúas moi evidentes de Jorge Cano que salvou Adrián Torre, o mellor sobre o terreo de xogo.