Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela golea o Avilés cun Darío desencadeado (4-0)

O Compostela golea o Avilés cun Darío desencadeado (4-0)

O dianteiro acadou un hat trick nunha goleada que pechou Jorge Cano no tempo engadido

G24.gal 27/11/2022 19:57

O Compostela conseguiu unha goleada no Vero Boquete de San Lázaro, un 4-0 ante o Avilés, con todo o protagonismo goleador para o seu dianteiro Darío Germil, autor dos tres primeiros tantos do partido.

O primeiro marcouno nada máis comezar o encontro. Os outros dous, nos minutos 74 e 81 para sentenciar por completo o choque.

Finalmente Cano, no tempo engadido faría o cuarto e definitivo gol dun Compostela que se sitúa na terceira praza da clasificación con 21 puntos, a dous do Guijuelo, o segundo clasificado, e a seis do líder, o Arenteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar