Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CIS prognostica uns resultados semellantes aos das eleccións xerais de 2019

O CIS prognostica uns resultados semellantes aos das eleccións xerais de 2019

O PSOE volvería gañar as eleccións, superando o PP en oito puntos

Outra enquisa publicada no xornal ABC dálle a maioría absoluta a PP e Vox

G24.gal 20/12/2021 14:31

Este luns, o CIS publicou o seu barómetro de decembro, xusto cando a lexislatura cumpre dous anos e chega ao seu ecuador.

Segundo o organismo, o PSOE mantería os mesmos votos que nas últimas eleccións xerais do 2019, o 28% do electorado, oito puntos por riba do PP, que tamén repetiría resultado. Vox consolidaríase como terceira forza, seguido de Unidas Podemos, que melloraría lixeiramente.   

Resultados moi diferentes dos doutra enquisa, publicada polo xornal ABC. Segundo o último barómetro realizado por GAD3, PP e Vox conseguirían xuntos unha maioría absoluta folgada. Os de Casado situaríanse como primeira forza, con 122 deputados, 33 máis que agora. O PSOE caería por debaixo da barreira dos cen deputados, mentres que Unidas Podemos recollería menos do 10 por cento dos votos, sen posibilidades de repetir coalición.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade