Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ciclón Biparjoy toca terra na India e Paquistán

O ciclón Biparjoy toca terra na India e Paquistán

É o peor ciclón dos últimos 25 anos

Morreron sete persoas por distintos sinistros relacionados co mal tempo

Agárdanse graves danos na agricultura

G24.gal 16/06/2023 08:47

O ciclón Biparjoy xa tocou terra na India e Paquistán. Témese que a treboada ocasione un dano considerable na economía dos dous países e neste momento xa causou sete mortes, entre eles, dous cativos esmagados por un muro e outros catro que afogaron na costa de Bombay.

Nos días previos á chegada do ciclón a terra, rexistrouse forte vento e chuvia intensa. Biparjoy, que significa 'desastre' en bengalí, foi cualificado como moi severo e é o peor ciclón que rexistran na zona en 25 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade