Publicador de contidos

Publicador de contidos

O chairego Villares renova co Deportivo ata o 2025

O chairego Villares renova co Deportivo ata o 2025

Asentado no primeiro equipo durante temporada e media, prolonga o contrato para os vindeiros tres anos

G24.gal 19/05/2022 22:01

No Deportivo acaban de renovar a Diego Villares ata 2025. O de Vilalba, de 25 anos, marcou esta fin de semana o seu primeiro gol coa camisola branquiazul ante o Tudelano. Subira ao primeiro equipo no inverno pasado dende o Fabril e consolidouse ás ordes de Rubén de la Barrera.

Esta temporada está consolidado no equipo titular de Borja Jiménez e desenvólvese en varias posicións, tanto no centro do campo como de lateral dereito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade