Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta xogará contra o Grasshopper suízo o quinto amigable

O Celta xogará contra o Grasshopper suízo o quinto amigable

O equipo entra no treito final da pretemporada buscando a posta a punto óptima para o inicio da Liga

G24.gal 28/07/2025 12:04

O Celta afronta o quinto amigable desta pretemporada este martes (15:00 horas) diante do Grasshopper de Zúrich nesta xira que o levou por Alemaña e Suiza. O encontro poderá verse en directo pola Televisión de Galicia e por Agalega.gal como todos os da preparación do cadro vigués. 

A pouco máis de dúas semanas de que comece o campionato o equipo de Claudio Giráldez afina a preparación para chegar no mellor momento ao primeiro encontro do campionato diante do Xetafe. Tamén busca acoplar as dúas novas pezas (Radu e Jutglá) que ten no cadro de xogadores. 

O Celta suma tres derrotas (Famalicão, Braga e Stuttgart) e unha vitoria (Nacional). Aínda que o de menos sexan os resultados o cadro de Giráldez quere chegar con boas sensacións sobre o céspede. O Grasshopper será unha boa pedra de toque polo seu avanzado estado de preparación. En Suíza xa comezaron os partidos oficiais do campionato a pasada fin de semana. Así pois teñen tres semanas máis de carga de traballo nas pernas, e iso obrigará a un esforzo extra aos celestes. Tamén será un encontro especial para o gran número de galegos que residen en terras suízas e que terán a posibilidade de ver en directo ao único equipo galego da Primeira División. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade