Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta traballa arreo para ir resolvendo as moitas frontes que ten abertas

O Celta traballa arreo para ir resolvendo as moitas frontes que ten abertas

A decisión sobre o adestrador é a primeira pedra sobre a que construír o proxecto da vindeira temporada

G24.gal 13/06/2023 21:32

Sen noticias de casa Celta. Desde a saída de Carvalhal, comunicada vía tuiter, e a despedida de Hugo Mallo sen preguntas ao presidente, pouco se sabe dos plans para a próxima temporada. As informacións veñen de fóra. Desde México anuncian conversas polo mediocentro Luis Chavez. Destacou no Mundial de Qatar e o seu desexo é xogar en Europa. O presidente do Pachuca ten relación con Mouriño pero tamén co fútbol holandés.

O Celta ten que contratar un adestrador. Un dos nomes que soan estes días é o de Andoni Iraola, co aval dunha boa temporada co Raio. Pero parece moi próximo ao Almería, como publica un diario local. Nun perfil máis baixo e sen experiencia en Primeira fálase do vigués Rubén Albés.

O regreso doutro Rubén, Rubén Blanco, da súa cesión ao Marsella está en dúbida. Segundo publica o Faro de Vigo, o club francés estaría interesado na súa compra. Outros posibles traspasos poden converterse en seriais de verán.

A marcha do director depotivo do celta Antonio Chaves deixa a planificacion en mans de Luis Campos, Carlos e Marian Mouriño nun momento de trapaso de poderes de pai a filla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade