O Celta regresa aos adestramentes con Ristic lesionado
O lateral arrastra as molestias desde o 19 de decembro e xa se perdeu a última xornada de Liga, aínda que o parte médico fíxose oficial este 29 de decembro
O Celta confirmou que Mihailo Ristic sofre unha sobrecarga/elongación no isquiotibial dereito, aínda que o problema físico arrástrase desde o pasado 19 de decembro, fai xa dez días.
De feito, o lateral serbio xa se perdeu a última xornada de Liga por mor destas molestias, aínda que o parte médico oficial foi comunicado este 29 de decembro de 2025 tras as últimas avaliacións realizadas polos servizos médicos do club. As probas e o seguimento leváronse a cabo na Cidade Deportiva Afouteza, onde se determinou o diagnóstico definitivo e estableceuse o plan de traballo.
Ristic iniciou un tratamento baseado en control médico e fisioterapia, co obxectivo de favorecer unha recuperación progresiva e minimizar o risco de recaídas. Segundo informou o club, o xogador manterá inicialmente unha actividade limitada, axustando as cargas en función da súa evolución.
🏥 Parte médico: Mihailo Ristić
— Celta (@RCCelta) December 29, 2025
🩺 Sufre una sobrecarga/elongación isquiotibial en la pierna derecha. pic.twitter.com/vIXMrP4in0
A súa dispoñibilidade dependerá da resposta muscular nos próximos días e é dúbida para o partido do próximo sábado contra o Valencia no Abanca Balaídos.