Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta perde a ocasión de certificar a permanencia

O Celta perde a ocasión de certificar a permanencia

Caeu en Balaídos diante do Xetafe por 0-2 cun dobrete de Borja Mayoral

O partido foi moi tenso, en especial a segunda metade. EFE
G24.gal 20/04/2022 19:32

O Celta non puido acadar o triunfo que garantise a permanencia na Primeira División. Perdeu por 0-2 diante do Xetafe en Balaídos cun dobrete de Borja Mayoral. 

Repetiu Coudet o equipo que gañara en San Mamés e nos primeiros minutos houbo dúas ocasións moi claras. No 1 Brais Méndez rematou contra o pau e no 7 un erro de Dituro a piques estivo de aproveitalo Enes Unal. O primeiro gol marcouno o Xetafe no minuto 23. Un pase en profundidade cara Borja Mayoral que cruzou diante de Dituro. Con ese resultado chegábase ao descanso nunha primeira metade gris do cadro celeste. 

O segundo tempo comezou con outro golpe en forma de gol. Borja Mayoral repetía demostrando ser unha das mellores fichaxes deste mercado invernal con seis goles desde o mes de xaneiro. Aínda marcou o Xetafe outro tanto que lle foi anulado a Enes Unal logo da revisión do VAR. 

O Celta estivo lonxe do amosado o domingo pasado. Dispuxo dalgunha oportunidade pero en ningún momento se fixo acreedor a soñar co empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos