Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta prepara a visita do Betis sen Coudet, ausente por un problema persoal

O Celta prepara a visita do Betis sen Coudet, ausente por un problema persoal

Ariel Broggi dirixirá o equipo no partido contra os andaluces

Eduardo Coudet viaxou á Arxentina por un problema persoal e non estará no banco

G24.gal 01/10/2022 12:52

O Celta volve á competición recibindo ao Betis en Balaídos. Os vigueses han intentar acabar coa serie de dúas derrotas consecutivas diante dun rival difícil. O equipo verde e branco chega a Vigo en posto de Champions e logo de gañar nas dúas últimas xornadas.

O partido chega con dificultades angadidas para o equipo celeste. Eduardo Coudet tivo que viaxar á Arxentina por un problema persoal e non vai poder sentar no banco, polo que vai ser substituído polo seu segundo, Ariel Broggi, que foi quen atendeu a prensa na conferencia previa ao encontro, explicou que están en todo momento en contacto con Coudet e que agardan dedicarlle a vitoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos