Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta poñerá rumbo a Portugal para xogar co Benfica o primeiro amigable

O Celta poñerá rumbo a Portugal para xogar co Benfica o primeiro amigable

Será este sábado ás 20:00 e veremos a estrea dos de Giráldez na Televisión de Galicia

G24.gal 11/07/2024 21:59

O Celta inicia os partidos de pretemporada esta fin de semana; este sábado, primeiro amigable en Portugal. Na cidade deportiva de Afouteza exercítanse estes días os de Claudio Giráldez. O técnico falará mañá ante a prensa, na primeira comparecencia desta pretemporada.

O Celta ten fixados cinco encontros de pretemporada; serán en Portugal, Galicia, Francia e unha dobre cita en Inglaterra. O sábado estréase ante o Benfica nun partido que poderán seguir pola TVG a partir das oito da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos