Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta perdeu unha parte do seu ADN galego

O Celta perdeu unha parte do seu ADN galego

Dos dez xogadores de Galicia que había en 2019 só se manteñen tres: Kevin, Mallo e Aspas

G24.gal 25/07/2022 21:57

Símbolo do celtismo e da canteira. Sobrevive Aspas a ese proceso de desnaturalización do ADN galego do Celta. Hoxe, día da patria galega, lembramos aquelas imaxes de hai só tres anos. O club proxectaba un equipo do país que miraba cara a canteira. Aquela fotografía dun 25 de xullo do 2019 foi descarreirando.

Hai dous casos especiais.  Santi Mina. O club quere desprenderse del dende a condena por abuso sexual. Adéstrase en Afouteza. Pero o desencontro coa directiva é evidente. Como Denis Suárez. Ameazado polo presidente con quedar na bancada se non marcha. ´Ten contrato mais o futuro non está vencellado ao Celta.

Este verán o club soltou a Brais Méndez. Traspasado á Real Sociedade por uns 15 millóns de euros. Histórico: a maior venda dun canteirán. Rubén non é un porteiro da confianza do Chacho Coudet e malia ampliar o contrato ata o 2027 marcha cedido a Marsella.

Se falamos de porteiros, temos o caso de Iván Villar. Cedido no Léganés a temporada pasada. Volven buscarlle equipo no mercado. David Costas viviu varias cesións e agora ten unha temporada máis de contrato en Oviedo. Un caso diferente foi o de Sergio, dende hai tempo retirado do fútbol por unha grave lesión.  

Quedan daquela foto Kevin, Hugo Mallo e Aspas. Van aparecendo outros como Carlos, Veiga, Carreira ou Fontán, estes últimos cedidos na busca de minutos. Pero futbolistas galegos titulares no Celta queda un lateral dereito, Hugo ou Kevin, e un eterno goleador, sobrevivente a este Celta do centenario menos galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade