Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta está obrigado a mudar a faciana en Balaídos

O Celta está obrigado a mudar a faciana en Balaídos

Enfróntase ao Alavés (xoves, 19:00) despois de perder os tres primeiros partidos como local e de non marcar ningún gol

G24.gal 27/09/2023 20:18 Última actualización 28/09/2023 13:16

Este xoves, ás sete da tarde, o Celta mídese ante o Alavés en Balaídos. Sétima xornada de Liga, e os celestes, en postos de descenso, encaran o seu cuarto partido na casa coa necesidade de puntuar.

Aínda non o lograron ante a súa afección, tras perder ante Osasuna, Real Madrid e Mallorca. Os de Rafa Benítez tampouco conseguiron marcar un gol en Balaídos. Con todo, non hai preocupación no equipo. Benítez fai un chamamento á afección para apoiar o equipo nun partido entre semana e cre que os próximos encontros axudarán o Celta a subir na táboa e gañar confianza.

O Celta non pode soster a estadística de cero puntos e cero goles a favor. Nos adestramentos afinan Carles Perez, Aspas e Douvikas, que se estreou en Montjuic. Carl Starfelt foi nomeado o terceiro capitán, designado por Benítez, canda a Aspas e Kevin.

Rompa ou non o gafe contra o Alavés, o Celta cambiará de inmediato o céspede afectado por un fungo apenas dous meses despois da súa colocación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade