Cargando resultados...
O Celta fará unha festa nos arredores de Balaídos para despedir a temporada
O domingo, a partir das once, haberá concertos, zona gastronómica e actividades para os nenos
G24.gal
21/05/2024 21:08
Nas horas previas do partido do domingo ante o Valencia, o Celta celebrará a permanencia. O club organiza unha festa fin de centenario nos arredores do estadio de Balaídos. A partir das once haberá diversas actividades para os máis cativos, zona gastronómica e tamén moita música. Os concertos de grupos míticos como A Roda ou os Festicultores animarán a celebración nun día, anuncia o club, de alegría e celtismo.