O Celta establece un tope de 20.672 abonados polas obras e a lista de agarda
Unha das novidades desta nova campaña é que os abonos dos adultos pasan a ser transferibles
Os prezos oscilan desde os 728 euros que custa un asento en Tribuna Alta Central aos 330 euros en Gol
O R. C. Celta anunciou este xoves que establecerá un tope de 20.672 abonados para a tempada 2024-25, xa que nestes momentos conta con 3.800 persoas en lista de agarda.
“O obxectivo é manter o que xa temos porque as obras na bancada de Gol impídennos facer novas altas. Estamos ilusionados con esta nova campaña”, explicou David González, director da área Celtista do R. C. Celta.
"Vimos a resposta da xente a temporada pasada, malia os momentos complicados"
Neste sentido, o dirixente celeste avanzou que os abonados desa bancada serán recolocados en Río e Marcador “no momento en que empecen as obras”, como xa fixeran anteriormente cos socios de Marcador Alto.
Unha das novidades desta nova campaña, lanzada baixo o nome de Herdeiros, é que os abonos dos adultos pasan a ser transferibles.
"Non lle podemos pedir máis. Sempre estivo aí. Isto reflicte esa temporada. Orgullosos do celtismo".
Os prezos oscilan desde os 728 euros que custa un asento en Tribuna Alta Central aos 330 euros en Gol. Aqueles adultos que queiran ser abonados en Tribuna Alta Área deberán pagar 693 euros, mentres que un asento en Tribuna Baixa Central custará 550.
O resto de prezos son: 530 en Tribuna Baixa Área e Río Baixo Central; 512 en Río Baixo Área; 475 en Río Alto Central; 460 en Río Alto Área; e 345 en Marcador Alto.