Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta de Giráldez iniciará a operación Reconquista diante do Raio Vallecano

O Celta de Giráldez iniciará a operación Reconquista diante do Raio Vallecano

O club mobiliza a afección na véspera dun partido que pode ser determinante para a permanencia

G24.gal 28/03/2024 16:20

Este 28 de marzo debería ser o día da Reconquista en Vigo e no Celta apúntanse a este momento histórico. O domingo ante o Raio, e cun Balaídos que rozará o cheo, o celtismo arroupará ao seu novo adestrador, Claudio Giraldez.

Claudio segue recuperando efectivos, como Larsen e Starfelt, e segue contando con algúns xogadores do filial nesta semana de traballo. Hai varias incógnitas para o encontro: Estará Tapia en condicións de xogar? Gañarase Carles Pérez a titularidade despois do seu gol no Pizjuan?

Derrotar ao Raio suporía adiantalo na clasificación e seguir abrindo oco coa zona de descenso. De cara ao domingo, o Celta fai un chamamento ao celtismo. É a reconquista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade