Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta comeza un esixente mes de xaneiro contra o Valencia en Balaídos

O Celta comeza un esixente mes de xaneiro contra o Valencia en Balaídos

O encontro de mañá (14 h) marca o inicio dun mes con seis partidos

G24.gal 02/01/2026 17:14

O Celta afronta un mes intenso con dúas competicións, comezando mañá. Partido de Liga fronte ao Valencia ás dúas da tarde.  O equipo terá 6 citas en total. Como dicimos, mañá sábado, visita Balaídos o Valencia, logo saída a Sevilla o día 12 e duelo co Raio na casa o 18. Catro días despois os vigueses reciben o Lille en Balaídos na Europa League. O Celta despide o mes cunha visita á Real na liga o día 25 e outra ao Estrela Vermella o 29 na Europa League. 

E o Celta apura para chegar a punto ao partido de mañá. O calendario determinou que os adestramentos se sucedan en cuestión de horas, onte pola tarde e hoxe pola mañá. Borja Iglesias e Pablo Durán completaron con normalidade estas primeiras sesións do ano, polo que apuntan a estar dispoñibles fronte ao Valencia. Carlos Domínguez e Mihailo Ristic están volvendo progresivamente pero non estarán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade