Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere un triunfo ante o Athlétic que o empuxe na Liga

O Celta quere un triunfo ante o Athlétic que o empuxe na Liga

Os de Claudio queren lograr a primeira vitoria

Os vascos chegan con dúas derrotas en dúas xornadas

Borja Iglesias, Marcos e Driouech causan baixa

O rapaz Quique Ribes entrou na convocatoria

Foto LaLiga
G24.gal 30/08/2026 14:56 Última actualización 30/08/2026 15:46

Ás nove e media desta noite, tres días despois, o Celta volverá saltar ao céspede de Balaídos disposto a amosar que o de Osasuna foi unha mancha que xa sabe como lavar. Cun nova aliñación "sorpresa" de Claudio, desas imposibles de acertar, para medirse a un rival agresivo, difícil, incomodo como é o Athlétic de Bilbao. E que chega "tocado" logo de dúas derrotas, en dous partidos.

Claudio confesou que a ausencia de Borja os limita arriba e que tamén o fai o aspecto físico, aínda por mellorar. Que lles falta chispa, frescura, atrevemento e que o conseguirán co paso dos partidos. E habería que engadir das vitorias. Porque sen vitorias, fuxe a traquiliade, veñen os nervios e daquela xa se complica. Por iso a importancia do partido desta xornada. Para tranquilizar este inicio de campaña e situar ao Celta no bo camiño na Liga.

Amáis de Borja, causan baixa Marcos, Carles Pérez e Driouech. No Athlétic caen Vivian e Beñat. Os vascos marcaron un gol e encaixaron cinco no que vai de liga, en proceso de adaptación ao seu novo técnico. O Celta pode aproveitalo.

O partido arranca ás 21:30 horas con arbitraxe de Mateo Busquets e Darío Gávez no VAR.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade