Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta busca rozar a perfección para gañar mañá no Bernabéu

O Celta busca rozar a perfección para gañar mañá no Bernabéu

Logo da lesión de Starfelt, Yoel Lago aséntase no primeiro equipo ata o remate da temporada

G24.gal 03/05/2025 14:34

O Celta xogará mañá no Bernabeu un partido con moito que gañar. O equipo vigués quere consolidar as súas opcións europeas e buscará a sorpresa ante un Madrid en horas baixas.

Os de Claudio Giráldez parten na sétima posición nesta xornada e xogarán nun escenario no que xa deron a batalla na Copa. Coa ausencia confirmada de Starfelt para o que queda de temporada, Yoel Lago, quen estará co primeiro equipo no que resta de liga, perfílase como titular.

O Celta afrontará o partido con moita ilusión. Giráldez afirma que terán que rozar a perfección para lograr algo positivo no Bernabeu. Se non, aínda quedarán catro encontros por diante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade