O Celta busca no Bernabeu unha vitoria que non acada desde 2006
Hai case 17 anos, un 5 de novenbro. Aquela noite o Celta conseguiu o seu último triunfo no Bernabeu na Liga. 1-2 co gol da vitoria a cargo de Jorge Larena. O adestrador daquel Celta era Fernando Vázquez e nel xa xogaba un Aspas, Jonathan. Na historia recente do Celta sempre hai un Aspas. Porque como repite Iago, "teño irmáns futbolistas, na miña casa rachaban os floreiros con tanta pelota".
Esta noite será a quenda de Iago. O Celta chega cun feixe de baixas. Mallo, Aidoo, Carles e Mingueza. E cunha aliñación de circunstancias na que entran Kevin e Tapia na defensa e na que a dúbida está no mediocampo, na banda dereita entre Miguel e Solari. Carvalhal insite que pra gañar necesitan "unha gran noite, unha mala noite do Real Madrid e un chisco de sorte".
Sorte para volver gañar e deixar atrás unha serie xa de tres xornadas sen facelo.