O Celta busca confirmar o seu bo momento en Cornellá
O partido terá o enfrontamento entre os dianteiros galegos internacionais, Aspas e Joselu
Duelo de dianteiros internacionais en Barcelona. Iago Aspas e Joselu festexan a súa convocatoria coa selección cun partido que o Celta lle chega no mellor momento da temporada, logo de catro partidos consecutivos sumando. "Estamos nun punto que nos satisface pero queremos máis", confirmaba Carlos Carvalhal na previa.
Un triunfo ante o Español afastaría o perigo do descenso case definitivamente pois os de Diego Martínez teñen catro puntos menos e permitiría mirar cara arriba no que queda de temporada. "Ten un gran mérito todo o que fixemos neste tempo e intentar conseguir puntos ten que ser o único obxectivo neste momento".
Tapia e Hugo Mallo regresan á convocatoria tras cumprir sanción.