Cargando resultados...
O Celta B gáñalle ao Pontevedra e mete a cabeza na fase de ascenso
Chegoulle cun gol do lateral Javi Rodríguez para impoñerse no derbi
G24.gal
05/02/2023 18:51
O Celta B mantivo a gran serie das últimas xornadas e impúxose por 1-0 ao Pontevedra. Con este resultado consegue meterse entre os cinco primeiros do Grupo 1 por primeira vez na temporada.
Foi despois dun partido cunha primeira metade moi táctica en que apenas se puideron ver oportunidades. Mellorou o espectáculo no segundo tempo, sobre todo despois do gol marcado por Javi Rodríguez no minuto 53.
O Celta B puido sentenciar á contra, e o Pontevedra botouse arriba á procura dun empate que aliviase a súa delicada situación clasificatoria. Non se moveu o marcador malia que Charles tivo o gol cunha cabezada no minuto 88.