Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta B atopa o premio á súa insistencia cun triunfo en Linares

O Celta B atopa o premio á súa insistencia cun triunfo en Linares

Raúl Blanco marcou por cuarta xornada consecutiva e Sergio Barcia anotou o gol do triunfo

G24.gal 23/10/2022 17:40

O Celta B acadou no campo do Linares unha vitoria que merecía e que levaba catro xornadas escapándolle (1-2). Dobre mérito porque o equipo andaluz gañara os catro partidos que xogara como local. 

A primeira metade do filial celeste foi para ensinar nas escolas. Seguros en defensa e proxectándose en ataque con moito perigo. Os de Claudio Giráldez xeraron infinidade de oportunidades e o 0-1 co que se chegou ao descanso era un resultado curto. Marcou, como non, Raúl Blanco que o fixo por cuarta xornada consecutiva. 

O Linares meteu tres trocos no descanso e acadou o empate logo dun inocente penalti cometido por Hugo Sotelo no minuto 50. Só cinco máis tarde o central Barcia rematou de cabeza de xeito impecable un córner que devolvía a vantaxe para os celestes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade