Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta atráncase en Balaídos, onde non gañou nas oito primeiras xornadas de Liga

O Celta atráncase en Balaídos, onde non gañou nas oito primeiras xornadas de Liga

Coa derrota diante do Español o equipo de Claudio Giráldez só foi quen de sumar cinco puntos de 24 posibles como local, todos eles despois de sumar empates

G24.gal 01/12/2025 14:23

Ante o Español o Celta igualou o peor inicio como local da súa historia, o de Rafa Benítez de hai dúas temporadas. Os vigueses non gañaron nestas primeiras 8 xornadas en Balaídos, 5 empates e 3 derrotas. Esta última nun partido no que apenas houbo ocasións. O Celta non concedeu contras, pero tampouco xerou moito perigo. 

Nesa zona alta está agora un Español sólido e efectivo a balón parado. Funcionáronlle os trocos e no 86 Kike García aproveitou a falta de contundencia celeste para  sorprender a Radu cun golpe de testa picado.

O gol deixou tocado o Celta, que probou sorte á desesperada, pero careceu de acerto. Pese ao mal inicio na casa, as cifras globais non son tan negativas. A estas alturas a temporada pasada o Celta estaba só un posto máis arriba, décimo primeiro, con 18 puntos, dous máis que agora pero tamén con dúas derrotas máis, seis.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade