Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta atopará unha dura pedra de toque co Lille (martes, 19:00, na TVG)

O Celta atopará unha dura pedra de toque co Lille (martes, 19:00, na TVG)

Comeza unha xira por Francia e Inglaterra coa que sobe o nivel dos rivais e buscará afinar a posta a punto de cara ao inicio da Liga

G24.gal 29/07/2024 22:13

O Celta afronta unha semana con dous amigables e unha concentración de catro días en Inglaterra. A primeira parada será este martes en Francia, onde os de Claudio Giráldez a xogarán ante o Lille, un partido que poderán seguir pola TVG e agalega.gal a partir das 19:00 horas.

Un rival de moita entidade e que será unha magnífica pedra de toque mediado o traballo de preparación para o primeiro partido da Liga. O cadro francés rematou a temporada pasada no cuarto posto e xogará competición europea. 

Con respecto ao ano pasado ingresaron 62 millóns de euros coa venda de Yoro ao Manchester United, un xogador que tamén era pretendido polo Real Madrid. Polo demais manteñen o resto do equipo base que acadou o éxito a campaña anterior. A fichaxe máis destacada é a de Mukau, procedente do Malinas belta, e a de Ethan Mbappé, irmán do novo xogador do Real Madrid Kylian Mbappé. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade